AS COUSAS DO FUCO - Anxo Boán

978-84-16958-20-7

Nuevo producto

En As cousas do Fuco o autor retrátanos   a vida dun neno que tiña que axudar nos traballos agrícolas dos seus pais como realidade social no mundo rural da   Galicia profunda a finais dos anos 1970.

O neno protagonista deste relato, chamado “Fuco”, escribe nun caderno íntimo e persoal as súas vivencias narradas en primeira perso. Faino coas expresións populares propias do xeito de falar do rural da vila chantadesa, onde naceu o autor, quen, á súa vez, ao longo deste relato, mantén   conversacións co neno protagonista da obra, que acaba entregándolle o caderno escrito de forma tan coloquial como sinxela.

Más detalles

  • Autor: ANXO BOÁN

    Anxo Boan

    Naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe, Chantada. Alí transcurriu a súa infancia, no mundo rural, omnipresente na súa obra literaria. Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada onde quedou a vivir.

    Na súa xuventude foi premiado por un certame literario convocado pola asociación A.C. Lumieira cunha obra de teatro titulada Traxicomedia de Luis e Margarita (1976). No mesmo ano foi premiado por outro certame convocado po-lo Círculo Recreativo e Cul-tural de Chantada coa obra tamén de teatro Nadal Tráxico (1976) e no ano 1980 foi premiado polo I.N.M.B de Chantada, polo poema Camiñando de noite. (1980)

    Xa na súa madurez, gaña no ano 2001 o premio “Xohán de Requeixo”. No 2004 publica o seu primeiro libro de poesía As Árbores das idades (2004) A partir de entón seguen diversas colaboracións coa revista “Xistral” e co diario “El Progreso”. No ano 2011 gaña o premio de xornalismo “Moncho do Pío” por un artigo no Xornal “El Progreso” sobre a muller traballadora na Ribeira Sacra chantadesa.

    No ano 2016, publica un novo poemario Limiar de Xosé Lois García titulado Poemas para unha alma ferida (2016) , a que segue este libro de narrativa con limiar de Pablo Rubén Eyré titulado As Cousas do Fuco.

  • EditorialLetras de Autor
    AutorAnxo Boán
    IdiomaGallego
    ISBN 978-84-16958-20-7
    GéneroCuentos
    Tamaño15 x 21 cm
    Páginas68
    Fecha ediciónNoviembre 2016
    CubiertaRústica

Reseñas

Escriba una reseña

AS COUSAS DO FUCO - Anxo Boán

AS COUSAS DO FUCO - Anxo Boán

En As cousas do Fuco o autor retrátanos   a vida dun neno que tiña que axudar nos traballos agrícolas dos seus pais como realidade social no mundo rural da   Galicia profunda a finais dos anos 1970.

O neno protagonista deste relato, chamado “Fuco”, escribe nun caderno íntimo e persoal as súas vivencias narradas en primeira perso. Faino coas expresións populares propias do xeito de falar do rural da vila chantadesa, onde naceu o autor, quen, á súa vez, ao longo deste relato, mantén   conversacións co neno protagonista da obra, que acaba entregándolle o caderno escrito de forma tan coloquial como sinxela.

11 Productos de la misma categoría: